O goberno de Vigo aprobou o proxecto de mellora do Camiño Valada, por 95.000 euros
Abel Caballero informou este martes do proxecto de reforma deste camiño en Valadares, validado pola Xunta de Goberno Local. O Concello actuará en setenta e cinco metros da vía, retirando o pavimento actual e instalando unha nova base e un novo firme. O orzamento da obra se eleva aos 95.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este martes da aprobación do proxecto de mellora do Camiño Valada, en Valadares, que recibiu luz verde na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local deste luns. Segundo detallou, o orzamento supera lixeiramente os 95.000 euros para unha obra que presenta un prazo estimado de execución de tres meses.
Os traballos afectarían a uns 75 metros lineais de vía e uns 2.000 metros cadrados de superficie, e comezarían coa retirada do pavimento actual para instalar unha nova base e un novo firme. O documento recolle o recrecido e posta en rasante dos pozos de servizo existentes, con rexistros de formigón e a reposición de seis tapas de fundición. “Unha nova humanización para facer na cidade, desta volta en Valadares; cen mil euros de atención”, resumiu Caballero este martes.