venres, 5 mar 2021
Xunto a membros do seu goberno, o alcalde desprazouse este venres ata a Avenida de Castrelos para comprobar o resultado da reparación do enreixado do parque, reparado ou substituído ao longo dos 320 metros de frontal. Ademais, o Concello prepara a mellora da iluminación do parque, por 600.000 euros.
venres, 5 mar 2021
A Xunta de Goberno Local deste venres, segundo informou Caballero, deu luz verde a estes trámites para dúas novas humanizacións máis na cidade. A remodelación de Troncoso presenta un orzamento de 362.000 euros e a de Hispanidade, no treito entre Pintor Colmeiro e Zamora, ascende a 772.000 euros.
venres, 5 mar 2021
Os actos comezan o vindeiro luns, 8 de marzo, co Pleno monográfico do Consello Municipal da Muller, e esténdense ata o día 18 con conferencias, charlas, contacontos e outras accións baixo o lema “Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos”.