Escoitar

O Concello solicitará para este ano a renovación de 10 bandeiras e 3 sendeiros azuis

Vigo aspira a renovar as dez bandeiras e tres sendeiros azuis que recibiu o ano pasado o que a converteu na cidade española con máis distincións medioambientais no seus areais. Ademais, a semana que vén aprobarase o proxecto de demolición do Camaleón o que permitirá gañar en Samil unha nova zona verde.

venres, 5 mar 2021

O alcalde deu conta esta mañá da toma de coñecemento da petición definitiva de bandeiras azuis para 2021. O Concello solicitará este recoñecemento para A Punta, Carril, Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas así como para tres sendeiros: Ribeira y litoral denominado “Camiño á Beiramar”; Senda Entre Faros nas Illas Cíes e Senda Litoral e do Monte da Guía, Teis. O alcalde confiou en renovar todos estes galardóns e volver ser a cidade española con más bandeiras azuis, tal e como aconteceu o ano pasado.

En rolda de prensa, avanzou que a semana que a Xunta de Goberno aprobará o proxecto de demolición do Camaleón. As obras comezarán a finais de abril, a demolición será en maio e a mediados de xuño ese espazo será unha zona verde. O derrubamento dos case 600 m2 de superficie supoñen un custo 110.000 euros. Deste xeito, Samil contará cunha nova zona de paseo que se repoñerá con novo arbolado.

Quiosco de praia

O Concello traballa este ano nun novo prego para adxudicar as autorizacións dos quioscos de praia que este ano levarán unha nova arquitectura cun deseño máis moderno e acorde ao entorno. Con este motivo, os concesionarios, unha vez gañada a licitación, necesitan tempo para poder adaptarse ao novo modelo que se pretende implantar.

O pasado 23 de decembro o goberno local envioulle á Xunta o Plan de explotación de servizo de temporadas, solicitando autorización para aqueles quioscos que se sitúan en zona de servidume do dominio público terrestre. O 21 de xaneiro, a Xunta requiriu documentación complementaria que nunca antes solicitara e que lle foi enviada o 4 de febreiro. Desde entón o Concello está pendente de permiso o que supón xa un atraso de dous meses e dificultará que os novos licitadores poidan renovar o deseño das súas instalacións.

Ludoteca

A Xunta de Goberno deu luz verde tamén á ludoteca de Lavadores, en convenio coa Asociación veciñal, cultural e deportiva de para o desenvolvemento do programa de dinamización infantil e xuvenil. Cun importe de 28.000 euros, este servizo de conciliación familiar, conta con 2 monitores que atenden a unha media de 30 nenos ao día polo que se estima que anualmente acoden 7.200 nenos e nenas. O horario durante o curso é de 16,00 a 20,00 h, mentres que no período de vacacións escolar, pasa a ser de 09,30 a 13,30 h.

 

Descargar todas as imaxes