Escoitar

O goberno local planta 60 árbores na Avenida de Castelao

O alcalde destaca a “alta calidade arbórea” das especies que comezaron a plantarse este martes e que conformarán “bosques temáticos” ao longo da pradería da Avenida “no corazón da cidade”.

martes, 2 mar 2021
Caballero na Avenida de Castelao esta mañá
Caballero na Avenida de Castelao esta mañá

Trala visita á zona na que o goberno municipal está iniciando os traballos de plantío, Caballero avanzou que “seguiremos reforzando o bosque da Avenida de Castelao agora con 60 árbores”, que están “no centro; no corazón da cidade”.

O rexedor explicou que se crearán cinco tipos de bosques temáticos ao longo da avenida, cada un con árbores diferenciadas: bosque de especies de ultramar, bosque ripario, bosque de montaña, bosque atlántico e bosque mediterráneo.

O Concello foi retirando de forma progresiva os chopos existentes “que eran unha peste” e durante os próximos días quedarán plantadas 60 árbores de “alta calidade” e especies “preparadas”, ao tempo que se manterán algunhas árbores consolidadas na pradería como os Liquidambar styraciflua, Betula alba ou Ginkgo biloba.

Caballero na Avenida de Castelao esta mañá
Descargar todas as imaxes