O goberno de Vigo prevé abrir “nun prazo moi breve” a pasarela de Vía Norte á rúa Navarra

luns, 31 xan 2022

Forma parte da segunda fase da adecuación da Vía Verde, a senda peonil e ciclista que executa o Concello sobre o antigo trazado ferroviario, desde Urzáiz ata Chapela. Abel Caballero anunciou a próxima posta en uso do viaduto de 51 metros “nun prazo moi breve de tempo” e unha nova ordenación do tráfico na unión de Vía Norte con Escultor Gregorio Fernández “para mellorar a accesibilidade e a mobilidade”.