Escoitar

O 8º Programa de medianeiras permitirá sumar 14 novos espazos de cor na rúa

Abel Caballero avanzou esta mañá 14 novos espazos de cor na rúas de Vigo, ao aprobarse o 8º Programa para pintado de medianeiras e outros elementos verticais sobre a vía pública. Este proxecto conta cun orzamento de 235.257 euros.

xoves, 28 abr 2022

A Xunta de Goberno deu luz verde ao 8º Programa para pintado de medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública. Cun orzamento de 235.257 euros, son 14 as actuacións previstas nos seguintes espazos: Avda Gregorio Espino, 41; Avda Travesía de Vigo, 59; Numancia 100;Urzáiz, 62; Avda Castelao, 29; Avda Ramón Nieto, 328; 1ª Travesía do Barreiro; Travesía Escolas Públicas, 9; Travesía Escolas Públicas, 5; Coutadas, 78; IES República Oriental de Uruguay; Escaleras Dr Cadaval; Oficina Municipal da Miñoca e Pasadizo de María Berdiales.

Outro dos asuntos que se aprobou esta mañá foi a contratación das obras para a execución do proxecto de mellora, pavimentación e seguridade de Clara Campoamor. Nunha primeira fase actuarase entre a rotonda principal de acceso ao Álvaro Cunqueiro ata a rotonda da VG20, coa construción de beirarrúas e renovación de pavimentación para a mellora da seguridade vial. A continuación, se continuará cos traballos ata Beade.

Achegas deportivas

O goberno local aprobou as bases e a convocatoria de subvencións orientadas á mellora das instalacións de campos de fútbol. Cun orzamento de 215.000 euros, hai previstas dúas liñas de axudas. A primeira, de 150.000 euros, está orientada a ampliaciones ou grandes renovacións en centros educativos privados e concertados e, a segunda, de 65.000 euros, está dirixida a obras de eficiencia enerxética ou cambio de sistema de xeración de auga quente en campos de fútbol ubicados en terreos privados. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte á publicación das bases no BOP e durante 20 días hábiles.

Descargar todas as imaxes