O alcalde destaca a importancia da investigación científica para a economía
Abel Caballero participou este xoves na apertura da xornada Esfera CSIC Norte, que o Consello Superior de Investigacións Científicas celebra en Vigo, na sede da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, co fin de abordar os retos para unha explotación sostible da pesca. Na súa intervención, puxo en valor a ciencia como ferramenta para o desenvolvemento económico e defendeu que o Instituto Oceanográfico de Vigo debe ser o que “coordine e lidere os de toda España. Vigo ten que ser o centro de toda España”, recalcou.
Descargar todas as imaxes