venres, 29 abril 2022

O alcalde ofrece “todo o apoio” á Federación para que Balaídos acolla a fase de ascenso á Segunda División do fútbol

venres, 29 abr 2022

Abel Caballero e unha representación da Real Federación Galega de Fútbol manteñen un encontro este venres para abordar a posibilidade de que o estadio municipal sexa unha das sedes da fase de ascenso da Primeira División RFEF á Segunda División do fútbol español na que participa o Celta B. “Queremos que se xoguen partidos desa competición, que a Federación conte con Balaídos”, sempre que sexa compatible co uso do estadio polo Celta.

Caballero reitera a importancia do sector naval na celebración do 20 aniversario de SOERMAR

venres, 29 abr 2022

O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Museo do Mar para participar no peche das I Xornadas de Innovación Tecnolóxica do Sector da Industria Naval, organizadas pola Fundación SOERMAR, que este ano celebra o seu 20 aniversario. Durante o acto, no que eloxiou o labor do sector naval vigués e reiterou a seu peso económico, Caballero tivo a oportunidade de impoñer unha medalla condecorativa a Jesús Freire Pichín, recoñecendo a súa gran traxectoria profesional na industria naval.