A Xerencia de Urbanismo aprobará o martes o proxecto de compensación do Barrio do Cura
Abel Caballero estima que as obras comezarán este ano.
A Xerencia de Urbanismo dará luz verde definitiva ao proxecto de compensación do Barrio do Cura, unha vez que non se presentou alegación algunha. Tal e como explicou esta mañá o rexedor, este documento recolle o solo urbano non consolidado e permite planificar parcelas que se van a ceder para uso público, las que van a ser para equipamentos e a edificabilidade.
O alcalde explicou que “ao Concello correspóndelle o 10% do solo por lei e ademais inclúe outra parcela de equipamento de 1.000 metros cadrados aproximadamente para a nova escola infantil e parcelas para zonas verdes”.
Caballero lembrou que esta semana xa aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización, que unha vez se aprobe en Xunta de Goberno, someterase a información pública polo prazo dun mes e solicitaranse os informes previos preceptivos.