O Concello programa actividades con motivo das Letras Galegas
Caballero presentou en rolda de prensa as actividades que darán comezo o mércores 4 de maio para os nenos e nenas de primaria no Auditorio Municipal. O 17 de maio haberá una lectura dos textos do autor homenaxeado na Casa Galega da Cultura.
Vigo celebra as Letras Galegas con distintas actividades durante todo o mes de maio. O alcalde presentou en rolda de prensa a programación, que comezará o mércores 4 de maio co teatro escolar para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria no Auditorio Municipal.
Haberá actividades para todos os públicos: teatro escolar, teatro familiar, contacontos, xogos dinámicos e percorridos literarios. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, haberá un acto na Casa Galega da Cultura, onde farase unha lectura dos textos do autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, de O Barco de Valdeorras.
A Biblioteca Neira Vilas súmase as actividades cun espectáculo de versos e contos sobre a figura de Gurriarán. Será o 13 de maio e está orientado a nenos e nenas de a partir de 3 anos. É de balde pero require inscrición previa, que pode facerse presencial, en bpneiravilas@vigo.org ou no teléfono 986 267 759.
*No documento adxunto pódese consultar a programación cos horarios e emprazamentos.