Aprobada a ordenanza dos vehículos de mobilidade persoal
O Pleno debateu a ordenanza reguladora dos VMP, “que garante o uso dos espazos públicos para toda a cidadanía, regulando o usos destes vehículos para toda a cidadanía e primando a seguridade viaria”, defendeu Espinosa.
Vigo conta cunha nova ordenanza reguladora dos vehículos de mobilidade persoal. O Pleno deu luz verde cos votos favorables do Grupo Socialista, Grupo Popular e Grupo Mixto, e a abstención do edil non adscrito a nova normativa sobre os VMP.
A tenente de alcalde e edil de Seguridade e Mobilidade, Elena Espinosa, defendeu a aprobación definitiva da ordenanza logo de incorporar algunha das alegacións presentada polas asociacións: “Baseamos a nova ordenanza la legalidade e seguridade. Seguiremos mantendo contactos cos usuarios e a asociación, estes vehículo chegaron para quedarse”, explicou.
Entre os principais aspectos do uso do VMP cabe detacar a obrigatoriedade do casco e de elementos reflectores; fíxase a idade mínima de 15 anos para o seu manexo; obrigatoriedade de seguro de responsabilidade civil; manterase unha distancia dun metro e medio respecto aos peóns; de non existir un paso seguro entre eles, o condutor/a terá que desmontarse do VMP e empuxalo a pé apagado. A persoa condutora debe estar, en todo momento, en condicións de controlar o seu vehículo; só está permitido o uso unipersoal ou monopraza; non permítese circular con auriculares conectados a aparellos receptores ou reprodutores de son nin usar dispositivos de telefonía móbil; en beirarrúas e zonas peonís non se poderá circular con VMP; circulación polo carril-bici, pista-bici, senllas ciclables e beirarrúas-bici (ao non poder circular polas beirarrúas). A circulación non superior a 20 km/ h.; circulación pola calzada, ciclo-carril e carril bus. A velocidade máxima será de 25km/ h.; estacionaranse nos espazos especialmente destinados a eles e/ ou ao aparcamento de bicicletas; entre outras.
Para o edil non adscrito a ordenanza “chega tarde”; o Grupo Mixto sinala que é a oportunidade para “desatascar a mobilidade sostible na cidade”. O Grupo Popular deu o seu apoio á ordenanza. Espinosa subliñou que “atrasos ningún” e explicou que a normativa estatal vén regulada desde xaneiro.