Escoitar

A Xunta de Goberno aproba por case 2,4 millóns humanizacións en Martínez Garrido e Castelao

O alcalde deu conta da adxudicación da humanización da Avenida Martínez Garrido Fase IV e a licitación das obras para a Avenida Castelao, entre Martín Echegaray e Darío Durán. O importe de ambas actuacións é de 2.373.000 euros.

mércores, 13 abr 2022

A Xunta de Goberno vén de aprobar a adxudicación das obras da Avenida Martínez Garrido Fase IV cun importe de licitación de 1.200.690 euros. A humanización desta fase vai desde o número 1 ao 33 da rúa. O prazo de execución é de 7 meses.

Abel Caballero deu conta das actuacións que inclúen a renovación das redes de abastecemento, a rede de rega, a renovación de colectores de saneamento e unha nova instalación de pluviais así como o soterramento da rede de iluminación e semáforos e a instalación de xardineiras, novos farois, elementos de protección, decoración, mobiliario, semáforos e sinalización.

O alcalde lembrou que “o conxunto du humanización da Avenida Martínez Garrido é de 5 millóns de euros, unha rúa con moitísima poboación”.

Por outra banda, tamén aprobouse a licitación da humanización da Avenida Castelao entre as rúas Martín Echegaray e Darío Durán, que conta cun orzamento de 1.173.440 euros e un prazo de execución de 9 meses.

A actuación comprende 480 metros da rúa, e inclúe 30 metros da rúa Fotógrafo Luis Casado. Entre as actuacións o alcalde destacou as beirarrúas de granito con máis espazo para a cidadanía e mellorar, deste xeito, a súa seguridade, con maior pavimentación e darlle visibilidade aos peóns. Tamén haberá renovación do abastecemento e saneamento, alumeado, novas árbores e mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes