mércores, 13 abr 2022
O alcalde e a directiva da entidade visitaron o espazo este mércores, día no que a Xunta de Goberno Local acordou a concesión, de balde e durante tres anos, dunha oficina de 117 metros cadrados situada nos baixos da bancada de Tribuna. Abel Caballero louvou o “gran traballo” da Federación, formada por 123 peñas.
mércores, 13 abr 2022
A Xunta de Goberno prorrogou o contrato dos servizos de limpeza dos colexios públicos e as escolas infantís municipais para 2022 e 2023 cun importe de 3.343.211 euros. Tamén aprobouse a dotación económica de 10.000 euros a ACNUR para a axuda de españois venezolanos refuxiados en Colombia.
mércores, 13 abr 2022
O alcalde mantivo un encontro este mércores con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo, e trasladou o seu apoio ás I Xornadas da Comisión de Defensa dos Dereitos e Intereses Profesionais da Avogacía.
mércores, 13 abr 2022
O rexedor avanzou en rolda de prensa que este domingo, 17 de abril, Día Mundial da Hemofilia, as fontes da rúa Aragón iluminaranse de vermello para concienciar á poboación sobre o significado da enfermidade e a necesidade de seguir investigando e compartir coñecementos para afrontar a doenza e mellorar a calidade de vida dos pacientes.