O goberno local adica máis de 3,3 millóns aos servizos de limpeza dos colexios e escolas municipais
A Xunta de Goberno prorrogou o contrato dos servizos de limpeza dos colexios públicos e as escolas infantís municipais para 2022 e 2023 cun importe de 3.343.211 euros. Tamén aprobouse a dotación económica de 10.000 euros a ACNUR para a axuda de españois venezolanos refuxiados en Colombia.
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno prorrogou o contrato dos servizos de limpeza dos colexios públicos e das escolas municipais dependentes do Concello. Deste xeito, haberá servizo ata o 30 de abril de 2023. A prórroga é bianual, polo que terá un importe de 2.024.357 euros para o 2022 e 1.318.854 para 2023.
Abel Caballero subliñou que cerca de 500.000 euros adícanse a desinfección extraordinaria nos centros por mor da Covid-19 e preguntouse polo diñeiro que a Xunta de Galicia recibiu do Goberno de España para este fin: “A Vigo non chegou nin un céntimo”, lamentou.
Subvención ACNUR
A Xunta de Goberno aprobou unha subvención por valor de 10.000 euros para a Asociación España con ACNUR, do proxecto “Protección e asistencia da poboación refuxiada venezolana en Colombia”.
Caballero explicou que a axuda chega a 84 persoas, 21 familias, e será de 75 euros ao mes durante medio ano. “Están nunha situación difícil, sen ter garantidos servizos de emerxencia e queremos cooperar para que as súas condicións de vida melloren, aínda que sexa un pouco”, concluíu o rexedor.