O goberno municipal cooperará nas xornadas que o Consello da Avogacía Española celebra en Vigo
O alcalde mantivo un encontro este mércores con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo, e trasladou o seu apoio ás I Xornadas da Comisión de Defensa dos Dereitos e Intereses Profesionais da Avogacía.

Abel Caballero trasladoulle a Lourdes Carballo, que preside para toda España a Comisión dos Dereitos e Defensa dos Intereses da Avogacía, que o Concello cooperará proporcionando unha ruta turística para que a xente que participe nas xornadas teña a oportunidade de coñecer a cidade de primeira man.
Na reunión mantida no Concello, participaron tamén Patricia Castro, secretaria técnica do Colexio de Avogados vigués e Pablo Estévez, concelleiro de Participación Cidadá, que forma parte da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da cidade.
Vigo acollerá os días 16 e 17 de xuño as I Xornadas da Comisión de Defensa dos Dereitos e Intereses Profesionais da Avogacía, que organiza o Consello Xeral da Avogacía Española, en colaboración co Colexio de Avogados de Vigo que, en palabras o alcalde, “xoga un papel importante no Consello de España”.

