O Concello instala dous novos semáforos na rúa O Porriño
O Goberno local mellora a seguridade viaria e peonil nesta zona de Coia cun investimento de 39.861 euros.

O Concello puxo en funcionamento esta mañá dous novos semáforos na rúa O Porriño. O goberno local investiu cerca de 40.000 euros para mellorar a seguridade viaria nesta zona de Coia.
O alcalde achegouse ata a cruce da rúa O Porriño con rúa Baiona e con rúa Mos, nas cales instalouse a nova rede semafórica. Abel Caballero manifestou que “son moi importantes porque a rúa ten moito tráfico de coches e peóns”. Explicou tamén que os semáforos “son caros porque hai que establecer o mecanismo regulador e en moitos casos facer a conexión coa fibra óptica”.
Para o rexedor é imprescindible poñer en marcha medidas que incrementen a seguridade dos peóns e lembrou a instalación doutro semáforo na rúa O Porriño o ano pasado.


