Caballero e Reigosa acordan coordinar novas relacións entre a Universidade e a cidade
O alcalde mantivo unha xuntanza co reitor da Uvigo, Manuel Reigosa, na que trasladoulle o acordado co ministro de Universidades, Joan Subirats, de “acercar a Universidade e a cidade”. Caballero considera que é preciso “iniciar unha fase adicional para tratar os problemas das cidades e o entorno en distintos ámbitos como o económico ou o social”. O rexedor considera “unha oportunidade” e pide “interrelación total” entre ambas institucións “para participar en proxectos de investigación, en temas do concello para abordar temas económicos, a forma de entender a cidade, o desenvolvemento de novas liñas da economía, a enerxía, dixitalización, o I+D...” enumerou.
