Escoitar

Vigo acollerá conferencias de Toni Nadal e os chefs Javier Olleros e Lucía Freitas no foro de emprego Fundamental

Presentado este luns no Concello, o evento se celebrará no Mar de Vigo do 19 ao 21 de abril, unha cita que busca impulsar o talento das novas xeracións, desde os universitarios a estudantes de FP e oficios. Haberá mesas redondas, entrevistas e obradoiros, con presenza de compañías como Vogue Business, Aston Martin F1, Mad Lions e Mediapro.

luns, 11 abr 2022
O alcalde, no centro da imaxe, acompañado por Andrés Fernández e Jorge Falagan (á dereita da imaxe).
O alcalde, no centro da imaxe, acompañado por Andrés Fernández e Jorge Falagan (á dereita da imaxe).

O Foro Fundamental está organizado pola Fundación Mentor, coa colaboración do Concello de Vigo, o grupo Profand, Vidiv e Zendal. Precisamente, xunto a Abel Caballero, tomaron a palabra Andrés Fernández, CEO de Zendal e presidente da nomeada Fundación, ademais de Jorge Falagan, vicepresidente.

As xornadas son “da máxima importancia”, explicou o alcalde, pola “gran experiencia” dos organizadores no mundo da formación e da empresa. “Cooperamos encantados con este gran proxecto”, aseverou.

Fernández e Falagan explicaron este luns as principais liñas deste foro de talento e emprego, cunha asistencia estimada dun mínimo de 500 persoas presentes no Mar de Vigo e outras 2.000 que o seguirán por vía telemática, e coa celebración de mesas redondas temáticas, entrevistas obradoiros e actividades de recruiting.

Mediapro, Mad Lions, Vogue Business, Aston Martin Fórmula 1, o adestrador de tenis Toni Nadal e os chefs Javier Olleros e Lucía Freitas trasladarán aos asistentes os seus coñecementos, experiencia e visión en sendas conferencias ao longo dos tres días de duración deste foro. Por primeira vez en Galicia, un evento destas características inclúe non só a universitarios, senón tamén a alumnado de Formación Profesional, escolas de oficios, escolas técnicas e estudantes de Bacharelato, entendendo así a xestión do talento nas súas diferencias vertentes. Tamén poden participar a xuventude emprendedora e as e os desempregados.

Entre os obxectivos da edición deste ano, que leva por lema “Os retos profesionais do futuro”, se busca detallar o panorama actual do emprego a distintos niveis territoriais, dinamizar o talento galego, crear un espazo de diálogo multidisciplinar que conecte o talento cos seus potenciais empregadores, mostrar as oportunidades que xeran os novos escenarios laborais e definir estratexias para a xestión do talento como valor marca-territorio e a xeración de negocio, procurando así garantir a súa permanencia no tempo.

Descargar todas as imaxes