Vigo loce a bandeira do pobo xitano con motivo da celebración do día internacional desta etnia
O Concello sumouse á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación dunha bandeira na fachada do edificio consistorial. O alcalde mantivo esta mañá un encontro con responsables da Fundación do Secretariado do Pobo Xitano para buscar formas de cooperación que poidan mellorar a vida das persoas desta etnia que viven en Vigo.
