venres, 8 abr 2022
Segundo informou Caballero, o goberno vigués concedeu esta semana case 20.000 euros de axudas, dos que máis de 11.000 son para pagos de vivenda. Con este sistema, o Concello abonou gastos de emerxencia a 50.827 persoas nos dous anos de pandemia: “Non hai unha cidade en España que dera, en relación á poboación, este nivel de axudas”.
venres, 8 abr 2022
O alto tribunal galego desestimou o recurso contra a aprobación definitiva da segunda modificación do Plan Parcial de Navia que presentaron uns particulares que pretendían excluír unha parcela deste ámbito. A sentenza recolle que a clasificación urbanística da parcela estableceuse xa no Plan Xeral do 93 e non na modificación puntual do Plan e, por tanto, desacolle a pretensión dos demandantes.
venres, 8 abr 2022
As reservas confirmadas ata este venres nos aloxamentos da cidade amosan un incremento da demanda a finais da semana, coincidindo cos festivos da Semana Santa. O dato de luns a domingo sitúase no 50% e ascende a case o 65% desde o xoves, segundo trasladou Abel Caballero.
venres, 8 abr 2022
O alcalde participou na presentación xunto ao coordinador de Mayeusis, Felipe Estévez e Joan Chamorro, director da Sant Andreu Jazz Band e Imagine Jazz Orchestra, que actuarán o 30 de abril, coincidindo co Día Internacional do Jazz, no Teatro Salesianos de Vigo.
venres, 8 abr 2022
O Concello sumouse á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación dunha bandeira na fachada do edificio consistorial. O alcalde mantivo esta mañá un encontro con responsables da Fundación do Secretariado do Pobo Xitano para buscar formas de cooperación que poidan mellorar a vida das persoas desta etnia que viven en Vigo.
venres, 8 abr 2022
Abel Caballero participou este venres na apertura da cita, dous días nos que as principais voces do sector ofrecerán os seus coñecementos e experiencias aos asistentes. Tras a irrupción da pandemia, este ano o evento retoma o formato presencial, no Círculo de Empresarios de Galicia.