Escoitar

Vigo rexistra ata o momento unha ocupación hoteleira do 65% nos festivos de Semana Santa

As reservas confirmadas ata este venres nos aloxamentos da cidade amosan un incremento da demanda a finais da semana, coincidindo cos festivos da Semana Santa. O dato de luns a domingo sitúase no 50% e ascende a case o 65% desde o xoves, segundo trasladou Abel Caballero.

venres, 8 abr 2022
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.

A campaña turística de Semana Santa arranca en Vigo cunha ocupación do 50% que se eleva a case o 65% das prazas hoteleiras reservadas entre o próximo xoves e o domingo. Estas cifras foron ofrecidas este venres en rolda de prensa polo alcalde, Abel Caballero, que valorou o “moi bo nivel de ocupación” confirmada ata o momento.

“Aínda quedan días para reservas”, afirmou Caballero, xa que a afluencia nestas datas depende en gran parte da situación climatolóxica, co que o dato actual apunta a unha “perspectiva de ocupación hoteleira francamente boa na Semana Santa na cidade de Vigo”.

Descargar todas as imaxes