Escoitar

Caballero agradece a cooperación empresarial co deporte na cidade

O alcalde recibiu este xoves á trintena de entidades que colaboran coa Gala do Deporte de Vigo e a comarca, que organizan o Concello, Faro de Vigo e Abanca, e que se celebra o xoves, 21 de abril, no Teatro Afundación.

xoves, 7 abr 2022
O alcalde ao remate do encontro coas empresas colaboradoras
O alcalde ao remate do encontro coas empresas colaboradoras

No encontro participaron representantes de empresas de alimentación, do motor, do mundo do deporte, do transporte ou da tecnoloxía a quen o rexedor agradeceu a súa cooperación de xeito continuado co deporte na cidade.

“É singular a cantidade de recursos que dedican e a presenza. Impórtame que vaiamos xuntos, o Concello como institución e o sector privado ao noso carón apoiando, que o mundo do deporte nos vexa xuntos a todos: deportistas, empresas e Concello de Vigo”.

Esta cooperación é para Abel Caballero o “noso modelo de facer cidade e un modelo de unidade que se manifesta tamén na Gala do Deporte e no deporte en Vigo”.

A Gala do Deporte de Vigo e da comarca celébrase o vindeiro xoves, 21 de abril, no Centro Cultural Afundación con 43 deportistas aspirando ao premio na categoría absoluta, 32 na promesa e 10 mencións especiais.

O alcalde ao remate do encontro coas empresas colaboradoras
Descargar todas as imaxes