Escoitar

Dous tribunais avalan a tramitación do PXOM por parte do Concello

O Tribunal Contencioso-Administrativo Nº1 de Santiago de Compostela e o Contencioso-Administrativo Nº2 de Vigo desestiman o recurso dunha particular ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.

mércores, 6 abr 2022

Os Tribunais Contencioso – Administrativos Nº1 de Santiago de Compostela e Nº2 de Vigo desestiman o recurso presentado por unha particular que alegou defectos na tramitación no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O alcalde compareceu en rolda de prensa e deu conta de que “dous tribunais fallan a favor do Concello” e afirmou que a tramitación e aprobación inicial do PXOM “foi legal e acorde as normas”.

Caballero subliñou que ambos os tribunais están a desestimar o recurso do particular e impútanlle as costas do procedemento.

Descargar todas as imaxes