Un xulgado anula as sancións que a Xunta impuxo ao Concello en 2018 pola calidade da auga
Unha sentenza xudicial vén de anular as multas por valor de 24.200 euros que a Xunta impuxo ao Concello pola suposta mala calidade da auga durante a seca de 2017. A resolución, que é firme, determina que a administración autonómica omitiu o preceptivo trámite de audiencia e a condena en costas.
O alcalde deu conta esta mañá dunha sentenza do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago de Compostela que anula as resolucións sancionadoras que a Xunta impuxo ao Concello de Vigo polo estado da auga nos anos 2017 e 2018. Trátase dunha sentenza firme que anula as multas recorridas por Aqualia por infrinxir o trámite de audiencia e que condena en costas á administración autonómica
Segundo detallou o rexedor, a Xunta impuxo á empresa concesionaria da auga en Vigo catro sancións por importe total de 24.200 euros debido ás supostas irregularidades: falta de colaboración coa actuación de control dos inspectores farmacéuticos de saúde pública; incumprimento reiterado dos requirimentos específicos formulados pola xefatura territorial de Sanidade; incumprimento por aplicación de medidas correctoras que non garantiron a potabilidade da auga de consumo e incumprimento pola realización das análises de control de auga nun laboratorio non acreditado.
O sentencia di textualmente: Realmente se ha omitido el trámite de audiencia en relación a la propuesta de resolución convirtiendo este trámite en papel mojado, y ello con el simple objetivo de evitar la caducidad del procedimiento. La Administración efectivamente debe intentar evitar la caducidad del procedimiento pero para ello dispone de recursos y soluciones legales que no sean infringir el principio de audiencia de un procedimiento sancionador. Con esta fórmula de administración ha evitado un trámite preceptivo del procedimiento sancionador y por tanto valorar cualquier alegación o presentación de documentos que pudiera efectuar la parte recurrente, lo que resulta inadmisible e impone estimar el recurso sin necesidad de entrar en el fondo.
Caballero cualificou de “durísma” a sentenza xa que impón á Xunta as costas do proceso ao tempo que declarou a non conformidade a dereito da resolución impugnada. Estas sancións, lembrou, impuxéronse durante a “difícil” etapa seca que viviu a cidade no ano 2017, cando era conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. Na súa opinión, esta sancións foron un ataque máis da Xunta á cidade de Vigo.
Novas redes de saneamento e abastecemento
O alcalde tamén avanzou algúns asuntos aprobados na última Xunta de Goberno na que se encomendou a Aqualia a redacción dos proxectos de obras para a renovación do saneamento e abastecemento na rúa Gorxal e na rúa Marcelo Currás. Estas inversións serán incluídas no Plan de Inversións de Aqualia a petición do Concello. A alcalde compareceu en rolda de prensa para dar conta do informe emitido que apunta á idoneidade e o carácter prioritario de actuar nestas zonas.
No Gorxal, en Cabral, a rede de abastecemento sufre numerosos problemas producindo queixas dos veciños das 86 vivendas afectadas, que datan dos anos 50. Coa obra haberá novas conexións entre os ramais para garantir e mellorar a circulación da agua. Por outra banda, en Marcelo Currás, renovarase a canalización do abastecemento entre os números 40 e 50 da rúa ante as reiteradas roturas e, deste xeito, permitir a xestión máis eficiente dos recursos hídricos e evitar a perda da auga.