Abel Caballero, na apertura da xornada polo Día mundial do Parkinson
O alcalde participa este mércores na mesa inaugural dun programa organizado pola Asociación Parkinson Vigo no Auditorio municipal do Concello, que coopera coa entidade. Se celebra unha homenaxe póstuma ao fundador e presidente de 2010 a 2015, Manuel Riopa, e unha conferencia impartida por dous neurólogos.

O Auditorio municipal do Concello acolle na tarde deste mércores unha xornada con actos para conmemorar o Día mundial do Parkinson. O evento está organizado pola Asociación Parkinson Vigo e conta coa colaboración da administración local presidida por Abel Caballero.
Precisamente o alcalde vigués participa na mesa inaugural dunha actividade que comeza coa lectura dun manifesto a cargo do presidente da entidade, Pedro Fernández. A cita se completa cunha conferencia impartida por dous reputados neurólogos e unha homenaxe a título póstumo a Manuel Riopa Segura, fundador e presidente da Asociación Parkinson Vigo entre os anos 2010 e 2015.
“Queremos participar desa homenaxe a unha persoa que traballou tanto en favor das persoas e familias dos que teñen parkinson”, valorou Caballero, quen recordou que a entidade emprega un local municipal en Rivera Atienza e avanzou que “sabemos que necesitan máis espazo e estamos buscándoo”.

