A cidade conta cun novo espazo verde en García Barbón
Abel Caballero inaugurou a humanización do parque María Xosé Queizán, cunha transformación da zona “máis agradable para a cidadanía”. O alcalde anunciou que “haberá licitación e obra para o tramo final da Avenida García Barbón ata Sanjurjo Badía”.
O alcalde achegouse ao renovado parque de María Xosé Queizán, en García Barbón, con motivo da súa inauguración. Vigo conta desde hoxe con unha nova zona verde no ámbito de Isaac Peral.
O obxectivo da obra foi facer a zona “máis agradable para a cidadanía”. Deste xeito, transformouse o tránsito peonil cunha nova beirarrúa máis directa cara a continuar pola Avenida García Barbón, sen estar próxima á calzada, como estaba previamente. Tamén se creou una zona de pérgolas con bancos e conta con dúas fontes de auga. Renovouse o céspede o plantáronse novas árbores.
Abel Caballero anunciou que “pronto haberá licitación e obra para o tramo final da Avenida García Barbón, ata Sanjurjo Badía”. A humanización do tramo entre Rosalía de Castro e Isaac Peral tivo un orzamento de 2.197.043 euros, en total García Barbón tivo un investimento de 6,7 millóns.