martes, 3 maio 2022

O Marisquiño competirá co Basket 3x3 na Praza de Vialia

Abel Caballero, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os organizadores de festival, acompañados tamén polo director do C.C. Vialia anunciaron que o Basket 3x3 do festival de deporte urbano desenvolverase na nova praza: “O Marisquiño ten que ter unha visión de conxunto da cidade”, declarou o rexedor.

O alcalde visita aos alumnos do Colexio San Miguel 2

martes, 3 mai 2022

Abel Caballero achegouse ao Colexio San Miguel 2 e recibiu ao alumnado. O rexedor visitou as instalacións e coñeceu de primeira man as peticións do alumnado e a directiva do centro. O orzamento do Concello de Vigo para educación é de 6,2 millóns de euros en 2022.