Escoitar

Vigo sitúase entre as dez primeiras cidades en esperanza de vida ao nacemento

O Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentou xunto ao alcalde o estudo de indicadores urbanos de calidade de vida (2020) enmarcado dentro do proxecto europeo “Urban Audit” e que aplícase a Vigo cunha perspectiva comparada, tanto con outras cidades, con áreas metropolitanas e cidades do norte de Portugal.

martes, 3 mai 2022
O alcalde co Valedor do Cidadán, Luis Espada
O alcalde co Valedor do Cidadán, Luis Espada

Abel Caballero recibiu no Concello ao Valedor do Cidadán, Luis Espada, que vén de presentar o estudo de indicadores urbanos de calidade de vida do ano 2020, con aplicación ao municipio de Vigo e cunha perspectiva comparada. Este documento enmárcase dentro do proxecto “Urban Audit”, que recolle información sobre as condicións de vida nas cidades da UE.

O alcalde deulle a benvida ao Valedor, que cualificou de “investigador de máximo nivel” e agradeceu os seus estudos “moi rigorosos e cos que tomamos decisións en Vigo e para a cidade”.

Espada resumiu o estudo no que analiza mediante distintos indicadores a sostibilidade municipal. O estudo inclúe a Vigo nunha visión comparada coas cidade de Galicia, as áreas metropolitanas, as cidades de máis de 200.000 habitantes de España e os municipios do norte de Portugal.

Vigo sitúase entre as dez primeiras cidades de España en esperanza de vida ao nacemento, cunha media de 83,21%. O estudo tamén sinala a Vigo como a cuarta cidade como a 4ª en emprego industrial, logo de Elche, Gijón e Vitoria-Gasteiz. Por outra banda, atópase entre as dez cidades con menor proporción de emprego no sector servizos.

Dentro de Galicia, Vigo é a cidade on o tamaño medio das familias é máis elevado (2,59) e ten a proporción de vivendas baleiras máis baixa (12,95%). Tamén ocupa o segundo posto como cidade con máis zonas verdes urbanas, instalacións deportivas e de ocio.

Descargar todas as imaxes