Escoitar

O Concello solicitará 3,5 millóns de fondos europeos para rehabilitar os pazos de Raposeira e Castrelos

Abel Caballero avanzou que o Concello solicitará 3,5 millóns de euros para rehabilitar os pazos de Raposeira e de Castrelos. A Xunta de Goberno aprobou a solicitude destes fondos ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

luns, 2 mai 2022
Infografía do Pazo de Raposeira logo da rehabilitación.
Infografía do Pazo de Raposeira logo da rehabilitación.

O goberno local aprobou a participación do Concello na convocatoria de “Ayudas a la rehabilitación de edificios de titularidad pública en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia”, dacordo coa orde TMA/178/2022 do 28 de febreiro publicada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Concretamente, avanzou Caballero, vanse acometer as obras de rehabilitación e acondicionamento do Pazo Raposeira e do Pazo de Castrelos para o que se solicitou un montante de 3,5 millóns. Na edificación de San Pedro de Sárdoma -que vai ter uso cidadán - está previsto actuar no edificio e na finca, cun orzamento de 1,9 millóns. Realizarase unha reparación a fondo do inmoble, cunha rehabilitación integral do interior, reorganizando os espazos para dotalos de novas superficies e comunicacións. Na finca, vanse recuperar os xardíns de trazado francés, o xardín da horta e as especies arbóreas da zona.

O Pazo de Castrelos, que xa empeza a presentar un importante deterioro en cuestións como a carpintería, que nunca se renovou, polo que se solicitou unha subvención de 1,6 millóns para renovar o mal estado da madeira das fachadas o que mellorará a eficiencia enerxética do edificio. Tal e como explicou, tamén se implantará un sistema de climatización para garantir as condicións de conservación das pezas de arte que alberga así como mellorar a temperatura para os usuarios e visitantes Quiñones de León.

Infografía do Pazo de Raposeira logo da rehabilitación.
Aspecto actual do pazo.
Descargar todas as imaxes