O rexedor saúda en Vialia a responsables da Asociación Española de Centros Comerciais

xoves, 28 abr 2022

Abel Caballero, acompañado das tenentes de alcalde, Carmela Silva e María José Caride, achegouse este xoves ás instalacións de Vialia Vigo cuxa dirección recibía a visita do xurado dos premios da Asociación Española de Centros e Parques Comerciais (AECC). Vialia Vigo opta este ano a recibir algúns dos galardóns da AECC que recoñecen a excelencia do traballo realizado no sector. Caballero trasladoulles a transformación que supuxo a instalación de Vialia na cidade e animounos a gozar dos establecementos que acolle e a coñecer Vigo máis de preto.

O TSXG desacolle un recurso contra a modificación puntual do Plan parcial de Navia

venres, 8 abr 2022

O alto tribunal galego desestimou o recurso contra a aprobación definitiva da segunda modificación do Plan Parcial de Navia que presentaron uns particulares que pretendían excluír unha parcela deste ámbito. A sentenza recolle que a clasificación urbanística da parcela estableceuse xa no Plan Xeral do 93 e non na modificación puntual do Plan e, por tanto, desacolle a pretensión dos demandantes.

O TSXG blinda a protección da Panificadora e o Concello buscará novas vías para a súa aprobación

xoves, 7 abr 2022

O Concello recorrerá en casación a sentenza do TSXG que cuestionou o instrumento urbanístico utilizado para a aprobación do plan especial do ámbito da Panificadora. Caballero subliñou que o recurso foi presentado por unha parte dos propietarios, aqueles vinculados ao que considerou un "pelotazo" e aos que advertiu de que "non van poder coa cidade".