Escoitar

O goberno municipal outorgará licenza de obra para unha sala de vodas no Casco Vello

O Consello da Xerencia de Urbanismo dará luz verde o próximo martes á licenza de obra solicitada pola Xunta de Galicia para adaptar un local da rúa Abeleira Menéndez como sala de vodas.

venres, 13 set 2024
Infografía do futuro espazo
Infografía do futuro espazo

O alcalde avanzou que o Concello aprobará a licencia de obra solicitada pola Xunta de Galicia para realizar obras no edificio da rúa Abeleira Menéndez números 24-26, que consistirán na adaptación do local para dedicalo a uso socio-cultural-recreativo como sala de vodas.

Situado nunha planta baixa, distribúese en sala de vodas, despacho, aseo e un patio cun aforo máximo autorizado no espazo da cerimonia de 21 persoas. O alcalde censurou a capacidade do local “nunha sala de 36 metros cadrados”, o que supón “unha degradación que a Xunta proporcione ese local” para celebrar as vodas civís na cidade.

Pola contra, sinalou, o Concello quere dar ás vodas “a importancia que teñen” poñendo ao dispor da cidadanía “o gran ámbito” do Pazo de Castrelos e o museo da Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, “grandes salas, ben ambientadas, ben decoradas” para celebrar estes actos civís.

Descargar todas as imaxes