O Concello financia a restauración do manto da Virxe das Dores de Cabral
Esta tarde presentouse en Cabral a restauración do manto e as vestiduras da Virxe das Dores de Santa Mariña. A recuperación foi financiada integramente polo Concello no marco do convenio coa Diócese de Tui-Vigo.

O Concello avanza na colaboración coa Diócese de Tui-Vigo para conservar, restaurar e difundir o patrimonio artístico relixioso. Financiou o custo total da restauración do manto e as vestiduras da Virxe das Dores de Santa Mariña de Cabral, que foi presentada hoxe polo alcalde, o bispo e a restauradora que dirixiu os traballos para recuperar unhas pezas confeccionadas hai 121 anos e que contan cun alto valor histórico.
A restauración do conxunto conformado por manto, saia e corpiño, confeccionado en 1903 nun dos talleres de Sevilla máis afamados a principios de século. Atopábase moi deteriorado e contou cun investimento de 24.715 euros.

