O alcalde felicita a Martín de la Puente, medalla de bronce en dobres de tenis en cadeira de rodas nos Xogos de París
Abel Caballero trasladoulle os parabéns “no meu nome e no nome da cidade” polo “traballo excepcional” desenvolvido na cita paralímpica de París 2024.

O deportista vigués visitou este xoves o Concello, logo de participar nos Xogos Paralímpicos de París onde loitou polo bronce na categoría individual de tenis en cadeira de rodas e onde logrou a medalla de bronce na modalidade de dobres xunto a Daniel Caverzaschi. Son os primeiros españois en chegar tan lonxe nesta disciplina deportiva nuns Xogos Paralímpicos.
O rexedor felicitouno polo ser un “deportista excepcional” e por ter realizado un “traballo excepcional. Tal e como apuntou, Martín xunto a Susana Rodríguez Gacio e Judith Rodríguez “levou o nome de Vigo con enorme entusiasmo aos xogos Paralímpicos de París”, un éxito polo que lle trasladou os parabéns “no meu nome e no nome da cidade”.


