Concello e Conxemar volven coincidir na necesidade de ampliar o Ifevi
Abel Caballero reiterou esta mañá a necesidade de ampliar o Ifevi a escasos días de que se celebre a 25ª edición de Conxemar. Esta foi unha das conclusións da reunión que mantivo cos responsables da feira de peixe conxelado máis importante do mundo.
O alcalde pasou revista esta mañá aos últimos preparativos de Conxemar nun encontro que mantivo co presidente, Eloy García no que se abordou, entre outras cuestións, a necesidade de ampliar o Ifevi. Caballero lembrou a proposta de Zona Franca de entrar no padroado co obxectivo de seguir potenciando a feira internacional de peixe conxelado máis importante do mundo.
Segundo detallou, o xa ultimado plan de tráfico ou as accións que os responsables da feira organizarán na cidade -como os concertos da I edición de Conxefest – son outras das cuestións das que se falou nunha reunión na que tamén estiveron presentes Teresa Vázquez e Pastora Charlín, directora e responsable de comunicación, respectivamente, da feira.