O Concello de Vigo inicia unha campaña informativa sobre os beneficios do uso do contedor marrón
Puntos de información itinerantes estarán situados en 50 puntos da cidade ao longo do mes de setembro. Abel Caballero explicou que o obxectivo é “concienciar a todo o mundo da necesidade de utilizar o contedor marrón para os residuos orgánicos”.
O rexedor sinalou que “a metade dos residuos que se xeran nos fogares son materia orgánica”, susceptible de converterse en abono. Para favorecer este labor, o Concello de Vigo impulsa unha campaña informativa que percorrerá ao longo do mes se setembro máis de 50 localizacións da cidade.
Os cidadáns poderán coñecer o funcionamento e beneficios do uso do contedor marrón e informarse sobre como contribuír ao medio ambiente desde casa separando a materia orgánica para a súa transformación en abono. Ademais, nestes postos poderán conseguir unha cesta portátil para o traslado da materia orgánica dende o seu fogar ao punto de reciclaxe.