xoves, 12 set 2024
O rexedor mantivo esta mañá un encontro con Rubén Gutiérrez, responsable dos galardóns e director xeral da Fundación SGAE. Amais, Caballero referiuse aos datos do aeroporto de Vigo que rexistra unha subida do 0,4% con respecto ao mes de agosto do ano pasado.
xoves, 12 set 2024
“Afectos especiais. A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva” e “Arte e sociedade na España dos séculos XX e XXI” abren o prazo de inscrición o martes 17 de setembro.
xoves, 12 set 2024
O Concello celebrará o ciclo Conexións Vigo que organiza a Fundación Conservatorio Mayeusis o sábado 14 de setembro. Máis de 50 artistas participarán nesta celebración conxunta a partir das 19:30 horas en prazas e recintos ao aire libre da cidade baixo o lema "Abrazar Vigo".
xoves, 12 set 2024
A Casa das Mulleres abre o prazo de inscrición para participar, de forma totalmente gratuíta, na programación das actividades que desenvolverá desde este mes de setembro ata decembro.
xoves, 12 set 2024
Abel Caballero vén de reunirse cunha representación do Club Peñasco Vigo, unha entidade histórica da cidade, nacida en Coia en 1931, e cuxo equipo feminino de F-7 se proclamou campión da Liga e da Copa a pasada temporada. O rexedor interesouse polo traballo que desempeñan e felicitounos polos éxitos que veñen de acadar. Para este ano, o club traballa coa previsión de acadar os 400 xogadores nas diferentes categorías mantendo o seu lema “formar e ilusionar”.
xoves, 12 set 2024
Esta tarde presentouse en Cabral a restauración do manto e as vestiduras da Virxe das Dores de Santa Mariña. A recuperación foi financiada integramente polo Concello no marco do convenio coa Diócese de Tui-Vigo.