O alcalde recibe ao Club Peñasco Vigo
Abel Caballero vén de reunirse cunha representación do Club Peñasco Vigo, unha entidade histórica da cidade, nacida en Coia en 1931, e cuxo equipo feminino de F-7 se proclamou campión da Liga e da Copa a pasada temporada. O rexedor interesouse polo traballo que desempeñan e felicitounos polos éxitos que veñen de acadar. Para este ano, o club traballa coa previsión de acadar os 400 xogadores nas diferentes categorías mantendo o seu lema “formar e ilusionar”.



