Escoitar

“Vigo terá o Plan Xeral de Ordenación Municipal que precisa a cidade”

Abel Caballero trasladou este venres a súa ledicia por ter recibido o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo ao PXOM da cidade que supón un “avance importantísimo” para a aprobación definitiva do documento.

venres, 20 set 2024

O rexedor informou que o Concello recibiu hoxe o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo ao Plan Xeral de Ordenación Municipal que será estudado para analizar as observacións formuladas e, unha vez xustificadas, o documento será remitido á Dirección Xeral de Costas do Estado para a súa aprobación definitiva, tal e como marca o procedemento legal: “é o último informe que temos que ter”.

Con todo, explicou que o “xa lle enviamos a Costas toda a documentación para que poidan ir o máis rápido posible unha vez que reciban oficialmente” o Plan Xeral. Unha vez que este sexa informado favorablemente, o goberno municipal levarao a Pleno para a súa aprobación definitiva.

“Estamos moi contentos porque se vai aprobar o PXOM de Vigo con tódolos informes favorables”, dixo Caballero sinalando que o documento de 2008 tiña algúns informes desfavorables, ao contrario do que sucede con este. “É un plan magnífico, para vivenda accesible, un plan que non admite especulación, un plan de zonas verdes, de espazos dotacionais. É o Plan de Ordenación Municipal que precisa a cidade de Vigo”, recalcou.

 

Descargar todas as imaxes