Escoitar

O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra firman tres convenios de colaboración

A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolleu esta mañá o acto no que Abel Caballero e Luis López rubricaron os acordos. A inversión total é de 6.245.866,88 € para os tres proxectos.

venres, 20 set 2024

“Vigo iniciou un proxecto de transformación urbana dende que cheguei a alcaldía”, indicou o alcalde, explicando que “nese proceso tivemos cómplices activos” como a Deputación de Pontevedra nas últimas lexislaturas. Caballero quixo recoñecer “a dilixencia da Deputación” para poder “actualizar” estas “tres obras moi importantes” que “nos quedaban pendentes”.

Os acordos inclúen as seguintes actuacións: o ascensor entre Jacinto Benavente e Torrecedeira, conta cun importe de 1.148.557,71 €; as ramplas mecánicas na rúa Pintor Colmeiro (entre Álvaro Cunqueiro e Tarragona), que terá unha inversión de 2.826.209,35 € e a humanización de San Roque (entre Gregorio Espino e Ruiseñor), á que se destinarán 2.271.099,82 €.

O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra firmaron os tres convenios de colaboración cunha inversión total de 6.245.866,88 €. No acto celebrado na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego estiveron presentes por parte do Concello de Vigo, Abel Caballero e Carmela Silva, e pola Deputación, Luis López e Luisa Sánchez.

Descargar todas as imaxes