Escoitar

O programa Socioeducativo e de Apoio Familiar do Concello axudou en agosto a 169 familas

O Concello atendeu o pasado mes de agosto a 169 familias no programa Socioeducativo e de Apoio Familiar. “Seguimos aplicando a máis importante política social que aplica ningunha cidade de España”, asegurou o alcalde.

xoves, 19 set 2024

O programa Socioeducativo e de Apoio Familiar do Concello de Vigo, que conta cun investimento de 829.000 euros en 2024, axudou en agosto a un total de 169 familias, das que o 47 por cento son monoparentais femininas. Así o indicou este xoves ao alcalde ao indicar que os 23 profesionais do servizo atenderon a 517 persoas, entre as que se atopaban 267 menores de idade.

O rexedor apuntou que entre o maior volume das intervencións realizadas polos profesionais do Concello atópanse as relacionadas coa educación familiar, seguidas das relativas ao traballo social, ao apoio psicolóxico e á mediación intercultural. Caballero indicou que en agosto rexistraronse 29 altas de familias, das que 17 foron derivadas polo servizo de Infancia e Familia da Xunta; 5 proveñen das unidades municipais; 4 de colexios e unha da fiscalía de menores.

En 2023 os profesionais do programa de apoio socio-educativo atendeu a 1.277 usuarios, entre os que se atopan 400 familias e 549 menores.

Descargar todas as imaxes