Escoitar

As viaxes pola ría do programa “Vigo, cidade dos maiores” ofertan 3.000 prazas este verán

O Concello ampliou en 400 as vacantes para gozar dunha iniciativa que alcanzará a finais de verán un total de 3.000 beneficiarios. Trátase de oito novas rutas totalmente gratuítas a bordo do Nautilus, unha embarcación especialmente preparada para a interpretación do medio mariño.

mércores, 18 set 2024

O programa municipal de avellentamento activo, “Vigo, Cidade Amiga dos Maiores”, contará con 400 prazas máis para realizar as viaxes pola ría. Trátase dunha ruta diaria, en horario de 12,00 a 13,30, desde hoxe ata o 28 de setembro.

O rexedor informou que ao longo das case 50 viaxes programadas durante os meses de maio, xuño e xullo, 2.600 persoas viaxaron xa pola ría dentro do programa de avellentamento activo, “Vigo, Cidade Amiga dos Maiores”. Coas novas prazas “imos estar por enriba dos 3.000 viaxeiros”, sinalou Caballero, para animar a formalizar as reservas “a través do servizo 010 ou ben en calquera asociación de veciños”.

As visitas realízanse a bordo del “Nautilus”, “unha embarcación especialmente preparada para a interpretación do medio mariño”. En cada visita participarán 51 persoas en prazas ordinarias e 3 con mobilidade reducida.

O programa “Vigo, cidade dos maoires” oferta durante todo o ano 7.000 prazas para realizar actividades que contribúan a uns hábitos de vida saudables. As viaxes pola ría son un complemento aos obradoiros que se desenvolven en 40 ubicacións distintas de Vigo.

 

Descargar todas as imaxes