Escoitar

O bus turístico de Vigo será de balde durante o Día Europeo sen Coches

O vindeiro domingo 22 de setembro, o Bus Turístico será de balde previa reserva online coa tarxeta PassVigo. O Concello súmanse un ano máis á celebración da Semana Europea da Mobilidade.

martes, 17 set 2024

O Concello de Vigo súmase un ano máis, e con este xa son dezasete, á Semana Europea da Mobilidade con diversas iniciativas que teñen por obxectivo fomentar e pór en valor o uso do transporte público entre os vigueses e viguesas, por ser un dos medios máis cómodos, sustentables e respectuosos co medio ambiente para desprazarse pola cidade.

En concreto, o domingo 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, o Bus Turístico será de balde para os usuarios da tarxeta PassVigo, previa reserva online do billete na plataforma Woutick! co seu número de tarxeta. Haberá catro viaxes dispoñibles: ás 10,00, 12,00, 16,30 e 18,30 horas. Con esta iniciativa, búscase recoñecer aos usuarios habituais do transporte público a súa confianza, dándolle a oportunidade de que descubran Vigo dende unha óptica distinta a bordo do Bus Turístico de dous pisos.

Descargar todas as imaxes