Escoitar

Concello e Vego Supermercados cooperan nas viaxes a cinco espazos naturais de Galicia do programa "Camiño a Camiño"

O goberno municipal de Vigo aprobou o convenio de colaboración con Vego Supermercados para facilitar as viaxes a cinco contornas ambientais singulares de Galicia que se desenvolverán este outono dentro do programa de actividades “Camiño a Camiño 2024”.

martes, 17 set 2024

Abel Caballero avanzou este martes que o programa “Camiño a Camiño 2024” permitirá a 750 persoas participar, nos meses de setembro e outubro, nun dos cinco roteiros organizados para percorrer áreas naturais de Galicia que contan cun grande valor ambiental.

O alcalde destacou que a elección dos cinco destinos ambientais galegos do programa “Camiño a Camiño”, “é a forma en Vigo de seguir facendo viaxes para coñecer a natureza e poñernos, sempre, ao lado do medioambiente".

Roteiros:

• Monte do Pindo, en Carnota. Inclúe a visita á Fervenza o Ézaro.
• Parque Natural de Corrubedo. Está prevista a contemplación do complexo dunar .
• Reserva da Biosfera de Allaríz. Observación da convivencia entre a conservación da natureza e a actividade da poboación
• Sierra do Galiñeiro. Percorrido desde Zamáns ata o parque natural Aloia para observar a súa riqueza biolóxica e xeolóxica.
• Parque Natural de Corrubedo. Contemplación do complexo dunar e das zonas húmidas da contorna

Descargar todas as imaxes