Os hoteis de Vigo acadaron o 87,31% de ocupación media na segunda fin de semana de setembro
“Seguimos cun verán turístico excepcional”, afirmou o rexedor vigués, indicando que “xa temos a industria que lle faltaba a Vigo”.
Abel Caballero informou esta mañá dos datos de ocupación hoteleira da última fin de semana, “a mediados de setembro”, que se sitúa no 87,31%.
Esa cifra é boa mostra de que “Vigo xa é unha potencia turística”, continuando a tendencia do primeiro fin de semana de setembro, que foi do 89,2%. “Xa en agosto conseguimos o mellor rexistro de ocupación hoteleira da historia con practicamente o 90%”, explicou o alcalde, sinalando que “conseguimos transformar a Vigo nunha potencia turística”.