Escoitar

Caballero destaca a importancia da formación en seguridade viaria que imparte o Concello nos colexios

Abel Caballero explicou este luns ao alumnado de quinto de Educación Primaria do Colexio Apóstolo Santiago a importancia do contido dos ensinos en materia de seguridade viaria que imparten os expertos da Unidade de Educación Vial da Policía Local do Concello de Vigo.

luns, 16 set 2024

O alcalde defendeu hoxe, ante o estudantado de quinto de primaria do Colexio Apóstolo Santiago, que asistiron a unha das primeiras clases de educación viaria, que a materia que imparte o Concello “é unha disciplina da máxima importancia nos colexios, e por isto este curso, como en todos os anteriores, seguimos coa formación nos centros educativos da cidade”.

O rexedor lembrou que as clases impartidas por axentes expertos da Unidad de Educación da Policía Local de Vigo están dirixidas aos estudantes de quinto e sexto de primaria, así como aos do todo o ciclo de Educación Secundaria, desde primeiro ata cuarto, ademais de aos de Formación Profesional Básica e Educación Especial.

Caballero detallou que a formación, adaptada a idade dos escolares, está centrada en todos os temas relativos seguridade viaria: desde a prevención de accidentes, á sinalización, o cinto de seguridade, ou o uso do móbil. “Todo o que ten que ver coa circulación”, recalcou.

Descargar todas as imaxes