Concello e Redeia comezan a traballar na alta tensión eléctrica
O alcalde celebra que se materialice o compromiso do Goberno de España que dedicará máis de 70 millóns de euros para que Vigo estea conectada á rede de alta tensión eléctrica.
Abel Caballero informou do comezo das traballos para a instalación en Vigo da rede da alta tensión eléctrica. Concello e Redeia mantiveron a primeira xuntanza técnica co obxectivo de comezar a trazar esta liña, o seu percorrido, a construción da subestación, entre outras cosas.
O alcalde celebrou que o Goberno de España cumpra co seu compromiso e que xa comece cos traballos para a instalación da alta tensión en Vigo. O Estado investirá máis de 70 millóns nesta acción.