Caballero pon en valor o investimento do Goberno de España nun sector chave como a automoción no AutoMob Summit
O alcalde acudiu á clausura do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, AutoMob Summit, organizado por Asime. Abel Caballero amosou a súa satisfacción polo investimento que está a facer o Goberno de España en sectores estratéxicos como o automóbil ou o naval, entre outros. Destacou así os PERTE financiados con fondos europeos ou os fondos Next Generation EU para a mellora da cidade.
