Escoitar

A rúa Príncipe acolle a exposición "Xuntos porque somos irmáns" de Aldeas Infantís SOS

Abel Caballero sumouse este mércores á iniciativa de Aldeas Infantís SOS para dar visibilidade á situación de dor das nenas e nenos que viven separados das súas irmás e irmáns e lonxe das súas familias, a través da exposición fotográfica “Xuntos porque somos irmáns” que permanecerá aberta ata o 13 de outubro na rúa Príncipe.

mércores, 18 set 2024

“A exposición de Aldeas Infantís SOS é importante porque lanza as mensaxes de que hai que atender e acoller aos menores e de que os irmáns teñen que vivir xuntos teñan ou non con eles aos seus pais”. Así o reclamou hoxe o alcalde ante a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, o director territorial da ONG en Galicia, Víctor Muñoz Vázquez e a directora comercial do Grupo Planeta, Ronsel Cebrián, ao visitar a mostra que exhibe na rúa Príncipe un total de 33 fotografías realizadas por Iván Hidalgo a menores de Indonesia, Togo, Siria, Marrocos e Ucraína.

O rexedor sinalou que a continuidade en Vigo da mensaxe sobre a transcendencia da familia producirase co próximo despregamento do Nadal en toda a cidade.

Acollemento

O director territorial de Aldeas Infantís SOS, Víctor Muñoz, tras recalcar que a mostra é unha homenaxe aos irmáns en acollemento, explicou que coa exposición urxen a que afloren en todo o territorio nacional os datos sobre o número de irmáns que crecen separados.

Muñoz indicou que a ONG creou un programa especializado para favorecer a agrupación de irmáns nun fogar acolledor.

Descargar todas as imaxes