O goberno municipal outorga 58 axudas de emerxencia cun importe de 20.000 euros
Segundo explicou Abel Caballero, a maioría das axudas e contías están destinadas á vivenda.
O Concello outorgou esta semana 58 axudas de emerxencia cunha contía de 20.000 euros. O alcalde detallou o destino destas, sendo a maioría, 28, adicadas aos pagos de vivenda: “Case 13.000 euros cos que evitamos 28 desafiuzamentos”.
Caballero expresou que “Vigo é a cidade de España coa máis importante política social e o goberno está ao lado de quen o precisa”. Entre outras axudas, tamén se achegaron contías para gastos en alimentación e subministros.
No que vai de ano, o Concello outorgou 3.200 axudas de emerxencia que, aclarou Caballero, son compatibles co resto de medidas de política social.