O Concello renova a colaboración con Vegalsa-Eroski para o "Camiño a Camiño" de outono
O alcalde de Vigo e o director xeral de Vegalsa-Eroski renovaron este xoves o convenio de colaboración para desenvolver o programa “Camiño a Camiño”, que este outono amplía a súa oferta coa organización de cinco rutas por espazos naturais singulares de Galicia.
A viaxe ao xeoparque do Courel será, o vindeiro domingo 29 de setembro, o inicio do programa do Concello de Vigo “Camiño a Camiño”, que este outono inclúe como novidade a visita a cinco espazos singulares de Galicia. A ampliación de actividades queda recollida no convenio renovado hoxe entre Abel Caballero e José Manuel Ferreño, director xeral de Vegalsa-Eroski, coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez.
O alcalde destacou que a cooperación estable entre o Concello e Vegalsa-Eroski, que define como un “acto de transición ecolóxica”, aborda “os valores que impregnan o século XXI e que van seguir impregnando a sociedade”.
O programa “Camiño a Camiño" tamén ofrece visitas a distintos espazos de Vigo, en Zamáns, Beade, Candeán, Cabral, Lavadores, Ramón Nieto, Pedro Alvarado, Navia e Camelias. Ademais conta coas tradicionais accións de voluntariado ambiental.
A reserva dunha das prazas das visitas aos espazos naturais de Galicia realízase coa inscrición a través do servizo 010 durante a semana na que se desenvolve a actividade.
As rutas por espacios naturais de Galicia contan cunha oferta de 150 prazas e as actividades para familias con 100.
Roteiros
- 29 setembro: Xeoparque de O Courel: Plegamiento de Campodola (Quiroga).
- 6 outubro: Parque Natural de Corrubedo (Ribeira).
- 13 outubro. Zona de Especial Conservación Monte Pindo (Carnota).
- 20 outubro: Reserva da Biosfera de Allariz.
- 27 outubro: Serra do Galiñeiro e Parque Natural de Aloia.
Andainas para familias con niños los sábados
- 5 outubro (tarde): Paseo a carón do Sendeiro Local de Zamáns.
- 12 outubro (mañá): Paseo a carón do Sendeiro Local de Beade.
- 19 outubro (tarde): Paseo a carón do Sendeiro Local de Candeán.